Cómpracenos darlle a benvida ao sitio web do Centro Galicia de Ponferrada (León). Dende o ano 1992 a nosa institución mantén o firme e decidido compromiso de divulgar a orixe e identidade galegas, desenvolvendo actividades de divulgación da idiosincrasia, cultura e costumes galegas entre os nosos socios, novas xeracións e público en xeral.
O noso portal nace no marco do proxecto GaliciaAberta, comunidade virtual da emigración da que formamos parte.
Neste espazo,poderá atopar información sobre a nosa historia, as nosas actividades, a situación das nosas instalacións ou calquera outro tipo de información de interese.
Se desexa enviarnos calquera consulta, dúbida ou suxestión poderá realizala a través do enderezo cgaliciaponferrada@galiciaaberta.com
Por último, invitámolo tamén a participar en GaliciaAberta, a través das ferramentas de comunidade dispoñibles, como foros, enquisas, axenda, etc.